Thursday 16 de May de 2024

O Concello de Frades organiza unha excursión a Palencia e Valladolid do 21 ao 23 de abril


O Concello de Frades convoca unha excursión ás vilas de Palencia e Valladolid, que terá lugar os días 21, 22 e 22 de abril. Hai 55 prazas dispoñibles e as anotacións deberán realizarse no Concello de Frades (981 695 567) entre o 20 de marzo e o 7 de abril. A reserva do número de asento no autobús e da praza farase por rigorosa orde de inscrición.

O prezo da viaxe mantense nos 160 euros para os veciños e veciñas empadroados en Frades que, no caso de haber máis demanda ca prazas, terán preferencia sobre os non empadroados, que terán que aboar 185 euros. Unha cota de inscrición que inclúe aloxamento en réxime de pensión completa, desprazamento e visitas ás vilas de Palencia e Valladolid.

Con esta convocatoria, o Concello de Frades mantén o seu exitoso programa de escursións despois da gran participación rexistrada en anos anteriores nas viaxes a Segovia e Ávila, Asturias, Cantabria, Salamanca e Portugal. De feito, a gran aceptación da viaxe do ano pasado fai que por segundo ano se volva a escoller Castela e León coma destino.